Foro Arte, Cultura y Educación - Pontevedra - Ascensión Moreno

Ascensión Moreno

Licenciada en Pedagoxía e Belas Artes, doutora en Belas Artes, educadora social, arteterapeuta e mediadora artística. Ten participado en diversos proxectos de investigación. Dirixe e coordina o Mestrado: “Arte para a transformación social, a inclusión e o desenvolvemento comunitario: Mediación artística” da Facultat d’Educació da Universidade de Barcelona.

máis info | http://mediacionartistica.org

Ana Moreno

Educadora de museos desde 1995 e responsable do programa didáctico do Museo Thyssen-Bornemisza. Desde 2012 é directora da Área de Educación nesta institución, que recolle a súa filosofía e acción educativa nun dos seus proxectos máis visibles, que é a web Educathyssen co obxectivo de compartir a súa experiencia.

máis info | http://www.educathyssen.org

Miguel Castro

Traballa con nenos e adultos no eido da creatividade desde hai 45 anos. A finais dos anos 80 coñece a Arno Stern e fórmase con él. Este encontro muda radicalmente o seu xeito de traballar e comeza a facelo segundo os principios da Educación Creadora. Xunto con Vega Martín atopa “A Formulación” na arxila e traslada estas condicións a outros xogos.

máis info | http://dirayaexpresion.es

LÓVA

A Ópera, un Vehículo de Aprendizaxe (LÓVA) é un proxecto que realizan os tutores nas súas aulas durante un curso escolar completo. Converten a súa clase nunha compañía de ópera que crea, desde o inicio unha ópera ou breve peza de teatro musical.
Os alumnos de 2º A de educación primaria do CPI As Mirandas de Ares en colaboración cos de 4º da ESO están a traballar na creación dunha compañía de ópera.

máis info | http://lovanasmirandas.blogspot.com.es I http://proyectolova.es/el-proyecto

Félix Duque

Catedrático Emérito de Filosofía na UAM. Fundador do Mestrado Universitario “Filosofía da Historia. Democracia e Orde Mundial” no que imparte a materia “Revolución e Imperio” e leccións relativas á tradición cultural europea. Impulsou Proxectos de Investigación sobre transformación urbana. Estudioso de xeopolítica e as súas conexións coa cultura, a arte pública e a arquitectura, así como de cuestións de dialéctica especulativa e fenomenoloxía heideggeriana.

máis info | http://www.masterfilosofiadelahistoria.com/

Vita Martínez e Dulima Hernández - Foro ACE Pontevedra 2017

Vita Martínez e Dulima Hernández

Vita Martínez é doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña, diplomada en Traballo Social e licenciada en Socioloxía polas Universidades de Santiago de Compostela e Pontificia de Salamanca.

Dulima Hernández é arquitecta pola Escola de Arquitectura do Val e deseñadora gráfica pola Facultade de Belas Artes da mesma Universidade en Cali (Colombia). Está especializada en Educación artística, cultura e cidadanía pola Universidade de Granada.

máis info | http://www.fronterad.com/?q=bitacoras/jorgeraedo/entrevista-con-javier-abad-y-vita-martinez-infancia-y-juego

Inscrición de balde

Prazo de inscrición ata o 24 de abril de 2017

Quero inscribirme