Foro Arte, Cultura y Educación - Pontevedra - Rodrigo Díaz

Rodrigo Díaz

Licenciado en Belas Artes cun Mestrado en Museoloxía. Traballou nos departamentos de educación e mediación de centros de arte como a Fundación Antonio Saura, o Museo de Belas Artes de Córdoba e o Musée d’Aquitaine de Burdeos. Forma parte do equipo educativo do Museo de Arte Abstracto Español de Cuenca.

máis info | http://procesart.blogspot.com.es/

Foro Arte, Cultura y Educación - Pontevedra - Itziar Ezquieta

Itziar Ezquieta

Licenciada e doutora en Belas Artes, artista plástica e ilustradora. Forma parte da equipa da área de Expresión Artística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo. Colabora no Mestrado do Libro Ilustrado e Animación Audiovisual e coordina “Expazo Experimenta”, un obradoiro de Arte e Cultura Visual para nenos.

José Rivela

Mestre de Educación plástica visual e audiovisual no IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova. Desde 1985 traballa por proxectos en colaboración con escritores, editores e artistas plásticos como Louise Bourgeoise, Fernando Arrabal, Forges, Peridis, Rafael Canogar, Bill Viola e Joana Vasconcelos.

máis info | https://youtu.be/uRRohycEXeE

Begoña Paz

Doutora en Belas Artes. Docente da área de Expresión artística na Facultade de Ciencias da Educación da Universidad de Vigo e colaboradora do Centro de Formación do Profesorado de Pontevedra. Directora artística de proxectos socioculturais e dirixe a Escola de Ocio e Templo Libre Paspallás.

máis info | http://etlpaspallas.com/

 

Alfredo Palacios

Doutor en Belas Artes cun Mestrado en Estética e Teoría da Arte. Profesor titular no Centro Universitario Cardenal Cisneros, da área de didáctica da expresión plástica nos Graos de Maxisterio en Educación Infantil e Primaria. Investiga a didáctica da e o patrimonio, a arte pública e comunitaria e a ensinanza da educación artística en contextos bilingües. Dirixe a revista de educación Pulso.

máis info | http://arteducationbox.blogspot.com.es/

Encarna Lago

Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo desde a súa creación no ano 2006, responsable de Didáctica desde 1993 e da recente configuración do departamento de Accesibilidade e capacidades diferentes, cuxo obxectivo é pensar en plural e achegar o patrimonio a todos.

máis info | http://www.didacticaredemuseistica.org/