O foro de arte, cultura e educación de Pontevedra, son unhas xornadas dirixidas a toda a comunidade escolar, a profesionais e destinatarios do ámbito da educación. Un encontro co fin de crear un espazo de reflexión conxunta e un intercambio de experiencias entre administracións escolares, institucións artísticas, mestres e profesores, alumnos e familias. Un lugar para debatir sobre a necesidade dunha complementariedade efectiva entre arte e educación en todos os niveis e en contextos formais e non formais, e sobre a importancia de xerar interseccións e territorios comúns. Así como a educación vai máis aló do sistema escolar, a arte non se circunscribe aos ámbitos de produción e reflexión artística como museos e departamentos de acción cultural. Ademais, a arte, área universal e versátil que podería xerar vantaxes como estratexia nunha educación intercultural e inclusiva, tende a elitizarse nos novos plans. Con este programa de conferencias e debates exponse unha reflexión sobre a situación actual e unha anticipación ante os retos futuros. As xornadas divídense en tres bloques, que constitúen as esferas de produción cultural por parte das institucións educativas, artísticas e non formais.

Foro Arte, Cultura e Educación - Pontevedra - Escola

Escola. Contexto educativo formal

Proxectos que vehiculan a arte como medio de aprendizaxe noutros campos do coñecemento, abren colaboracións con axentes externos e transcenden o espazo da aula

Foro Arte, Cultura y Educación - Pontevedra - Museo

Museo. Contexto educativo non formal

Programas de institucións artísticas que son non só lugar senón tamén fonte de aprendizaxe sobre outros campos do saber, baseándose en novos paradigmas pedagóxicos que poñen en xogo a autoeducación e a intelixencia colectiva

Foro Arte, Cultura e Educación - Pontevedra - Rúa

Rúa. Contexto educativo informal

Accións artísticas e de integración social en contextos non formais que desencadean procesos de aprendizaxe e que actúan como espazos de negociación e mediación

Inscrición de balde

Prazo de inscrición ata o 24 de abril de 2017

Quero inscribirme