Resumo do II Foro de Arte, Cultura e Educación de Pontevedra

O II Foro de Arte, Cultura e Educación serviunos para coñecer percorridos educativos alternativos e accións artísticas que acontecen fóra dos ámbitos de produción e reflexión tradicionalmente reservados aos centros de arte. Puidemos coñecer as investigacións que Ascensión Moreno traslada a contextos, barrios e comunidades vulnerables, atendendo problemas, fenómenos ou feitos como violencia, trastorno mental, diversidade funcional; e suxeitos en perigo comopersoas maiores, sen fogar e xoves en situación de risco social. Estes proxectos de inclusión e desenvolvemento comunitario a través da arte e a cultura expóñense desde diferentes linguaxes artísticas: desde as artes escénicas como danza integrada, música comunitaria, circo e teatro social; a outras máis plásticas e visuais como a fotografía participativa e o vídeo comunitario. Ana Moreno contounos o labor que a área de Educación do Museo Thyssen- Bornemisza desenvolve a través do proxecto EducaThyssen, un conxunto de accións de apoio interpretativo, divulgativo e de mediación, e unha ferramenta aberta, chea de recursos educativos. Referencia para moitas institucións, especialmente no ámbito iberoamericano, enténdese como un laboratorio no que experimentar novos xeitos de transmitir o coñecemento, e que permite traballar con persoas que non teñen un acceso sinxelo ao Museo. Un lugar de intercambio e reflexo das actividades do museo físico, onde as persoas con necesidades educativas especiais poden desfrutar coa arte dun xeito comprensivo. Moi diferente foi a visión de Miguel Castro, quen seguindo as ensinanzas de Arno Stern, defende co seu Xogo de Pintar a ausencia de intervención por parte do adulto, analizando o desenvolvemento do ser humano, con todo o que implica nos planos físico, emocional, cognitivo e social, e que pódese dar de...

Presentación do II Foro Arte, Cultura e Educación de Pontevedra 2017

Esta mañá tivo lugar a presentación do II Foro Arte, Cultura e Educación de Pontevedra, coa presenza das responsables de Taller Abierto, entidade organizadora do evento, acompañadas por Carme da Silva, Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra. Este proxecto sociocultural constitúe a segunda edición do foro celebrado en maio de 2016 que contou co apoio da área de cultura do Concello de Pontevedra e que tivo unha acollida importante e foi unha experiencia motivadora. Nesta nova edición afóndase en aspectos e contidos culturais e sociocomunitarios cun enfoque globalizador no que o subtexto é o desenvolvemento sostible en sentido amplo. Son unhas xornadas dirixidas a profesionais e destinatarios da cultura e a comunidade escolar. Un encontro co fin de crear un espazo de reflexión conxunta e un intercambio de experiencias entre institucións culturais, artísticas e educativas, mestres e profesores, alumnos e familias. Un lugar para debater sobre a necesidade dunha complementariedade efectiva entre arte e educación en todos os niveis e en contextos formais e non formais, e sobre a importancia de xerar interseccións e territorios comúns. Así como a educación vai máis alá do sistema escolar, a arte non se circunscribe aos ámbitos de produción e reflexión artística como museos e departamentos de acción cultural. Ademais, a arte, área universal e versátil que podería xerar vantaxes como estratexia nunha educación intercultural e inclusiva, tende a elitizarse nos novos plans. Con este programa de conferencias e debates expónse unha reflexión sobre a situación actual e unha anticipación ante os retos futuros. As xornadas divídense en tres bloques, que constitúen as esferas de produción cultural por parte das institucións culturais,...