Resumo do II Foro de Arte, Cultura e Educación de Pontevedra

O II Foro de Arte, Cultura e Educación serviunos para coñecer percorridos educativos alternativos e accións artísticas que acontecen fóra dos ámbitos de produción e reflexión tradicionalmente reservados aos centros de arte. Puidemos coñecer as investigacións que Ascensión Moreno traslada a contextos, barrios e comunidades vulnerables, atendendo problemas, fenómenos ou feitos como violencia, trastorno mental, diversidade funcional; e suxeitos en perigo comopersoas maiores, sen fogar e xoves en situación de risco social. Estes proxectos de inclusión e desenvolvemento comunitario a través da arte e a cultura expóñense desde diferentes linguaxes artísticas: desde as artes escénicas como danza integrada, música comunitaria, circo e teatro social; a outras máis plásticas e visuais como a fotografía participativa e o vídeo comunitario. Ana Moreno contounos o labor que a área de Educación do Museo Thyssen- Bornemisza desenvolve a través do proxecto EducaThyssen, un conxunto de accións de apoio interpretativo, divulgativo e de mediación, e unha ferramenta aberta, chea de recursos educativos. Referencia para moitas institucións, especialmente no ámbito iberoamericano, enténdese como un laboratorio no que experimentar novos xeitos de transmitir o coñecemento, e que permite traballar con persoas que non teñen un acceso sinxelo ao Museo. Un lugar de intercambio e reflexo das actividades do museo físico, onde as persoas con necesidades educativas especiais poden desfrutar coa arte dun xeito comprensivo. Moi diferente foi a visión de Miguel Castro, quen seguindo as ensinanzas de Arno Stern, defende co seu Xogo de Pintar a ausencia de intervención por parte do adulto, analizando o desenvolvemento do ser humano, con todo o que implica nos planos físico, emocional, cognitivo e social, e que pódese dar de...