Presentación do II Foro Arte, Cultura e Educación de Pontevedra 2017

Presentacion Foro Arte, Cultura e Educación Pontevedra 2017

Esta mañá tivo lugar a presentación do II Foro Arte, Cultura e Educación de Pontevedra, coa presenza das responsables de Taller Abierto, entidade organizadora do evento, acompañadas por Carme da Silva, Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra.

Este proxecto sociocultural constitúe a segunda edición do foro celebrado en maio de 2016 que contou co apoio da área de cultura do Concello de Pontevedra e que tivo unha acollida importante e foi unha experiencia motivadora. Nesta nova edición afóndase en aspectos e contidos culturais e sociocomunitarios cun enfoque globalizador no que o subtexto é o desenvolvemento sostible en sentido amplo.

Presentacion-Foro-ACE-Pontevedra-2017_02Son unhas xornadas dirixidas a profesionais e destinatarios da cultura e a comunidade escolar. Un encontro co fin de crear un espazo de reflexión conxunta e un intercambio de experiencias entre institucións culturais, artísticas e educativas, mestres e profesores, alumnos e familias. Un lugar para debater sobre a necesidade dunha complementariedade efectiva entre arte e educación en todos os niveis e en contextos formais e non formais, e sobre a importancia de xerar interseccións e territorios comúns.

Así como a educación vai máis alá do sistema escolar, a arte non se circunscribe aos ámbitos de produción e reflexión artística como museos e departamentos de acción cultural. Ademais, a arte, área universal e versátil que podería xerar vantaxes como estratexia nunha educación intercultural e inclusiva, tende a elitizarse nos novos plans. Con este programa de conferencias e debates expónse unha reflexión sobre a situación actual e unha anticipación ante os retos futuros.

As xornadas divídense en tres bloques, que constitúen as esferas de produción cultural por parte das institucións culturais, educativas e artísticas e non formais.

Aínda que non son ámbitos excluintes, no programa andivemos na procura de proxectos híbridos, experiencias que cabalgan entre ámbitos educativos diversos.

OBXECTIVOS

• Achegar a cultura e a arte á comunidade, poñendo en contacto a persoas e colectivos distintos, xerando cruzamentos que produzan novas ideas e procesos.

• Trátase de explorar posibilidades pedagóxicas que se abren cando arte e educación son considerados eidos complementarios, superando concepcións instrumentais da arte no contexto educativo.

Desde a escola teremos proxectos que vehiculan a arte como medio de aprendizaxe noutros campos do coñecemento, abren colaboracións con axentes externos e trascenden o espazo da aula. Teremos a Vita Martínez e Dulima Hernández, mestre de educación artística e profesora de ciencias sociais respectivamente, que están a traballar nun proxecto colectivo desde a arte en contextos escolares. Tamén contaremos co testemuño de tres mestras (Teresa Frieiro, Amelia Seoane-Chanes e Lara Valcuende) que desenvolven o programa LÓVA, unha experiencia de Ópera que funciona no ámbito español nun centro escolar público de Ares, na Coruña.

Desde o museo de arte e ámbitos non formais, contaremos con programas de institucións artísticas que son non só lugar senón tamén fonte de aprendizaxe sobre outros campos do saber, baseándose en novos paradigmas pedagóxicos que poñen en xogo a autoeducación e a intelixencia colectiva. Representan a esta esfera as propostas de Ana Moreno, directora da área de educación do Museo Thyssen; e Miguel Castro, que traballa no eido da creatividade desde fai 45 anos.

Desde o ámbito informal, coñeceremos propostas artísticas e de integración social que desencadean procesos de aprendizaxe e que actúan como espazos de negociación e mediación. Contaremos da presenza de Ascensión Moreno, que é arteterapeuta e mediadora artística e Félix Duque, recoñecido filósofo e estudoso do arte público como espazo político.

PÚBLICO

Toda a comunidade escolar: profesionais e destinatarios do ámbito da educación, público xeral, familias e alumnado, con certificación para profesionais da ensinanza e créditos ECTS para universitarios, así como persoas e institucións interesadas ou adicadas á acción cultural.

PÓDENSE INSCRIBIR de balde ata o 1 de maio na páxina www.foroace.com, onde dispoñen de máis información sobre os relatores e o programa.

Nesa mesma páxina hai un espazo no que se explican as bases para o envío de comunicacións, no que compartir experimentos, proxectos ou iniciativas no campo da arte, da cultura e da educación.

PROGRAMA

Venres 5 de maio
16h. Entrega de documentación
16:30h. Acto de inauguración
16:45 h. “Ascensión Moreno: A Arte como ferramenta educativa en contextos sociais e comunitarios. Mediación artística”
18:00 h. Pausa
18:15 h. Ana Moreno: “Do Museo aberto ao Museo expandido”
19:30 h. Coloquio I

Sábado 6 de maio. Mañá
10 h. Miguel Castro: “O xogo de pintar. Principios para un despregamento creador”
11:15 h. Pausa
11:45 h. LÓVA: “Construindo a aprendizaxe a través da emoción e as artes”
13:00 h. Coloquio II

Sábado 6 de maio. Mañá
16:30 h. Vita Martínez e Dulima Hernández: “Cidade-palabra: escritura falada”
17:45 h. Pausa
18:15 h. Félix Duque: “A mobilización do mundo”
19:30 h. Coloquio I

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*