Emoción-Arte

EMOCIÓN-ARTE

Autoras: Marta Olaya Varela Varela, mestra de Pedagoxía Terapéutica no CEE Príncipe Felipe e Mª Begoña Varela Varela, mestra de Educación Infantil na Escola de Pousada do C.R.A de Vilaboa, Consuelo Gónzalez Martinez.

É un proxecto anual intercentros entre dúas aulas, a primeira dun centro de educación especial que comezou este curso con 5 alumnos, unha delas con unha escolarización combinada e actualmente ten 3 alumnos e un aula dunha escola rural de dúas unidades pertencente a un CRA con 12 nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.

EMOCION-ARTE é un proxecto intercentros que nace, no curso pasado, polo interés de crear unha escola inclusiva na que a base sexa a normalidade da diversidade e a comunicación e achegamento entre os nenos e nenas dun centro de educación especial e un centro ordinario, co obxetivo de crear conciencia social entre o alumnado e favorecer a integración, base dunha escola inclusiva.

Neste curso partimos dun conto “ O monstruo das cores” que identifica cada cor a unha emoción e que nós relacionamos cun pintor ou pintora e a súa obra para achegar aos nenos e nenas distintas pinturas, esculturas e obras de arte, posto que emoción e arte van da man e forma parte do proceso creativo.

Emoción-Arte_01 - Foro Arte, Cultura e Educación Pontevedra

Imaxe: CEE Príncipe Felipe, creación individuais: ledicia, tristura e os mirasoles.

Asi o medo se representa co negro que asociamos a figura de Goya na sua última etapa e destacando que nese momento Goya estaba a perder oído o que nos permitiu entrar na realidade das persoas con deficiencia auditiva, promovendo a empatía.

Emocion-Arte_02 - Foro de Arte, Cultura e Educación - Pontevedra

Imaxe: Creacións individuais na que representan libremente os seus medos despois de presentarlles os cadros da etapa negra de Goya.

A tristura representada por Picasso na súa etapa azul, o amor que transforma esa etapa en rosa, retomando de novo o uso do negro para representar o medo en cadros como o Guernica, achegandonos ao cubismo e reafirmando a confianza en si mesmos e nas suas obras. Así mesmo valores como a resolución pacifica de conflitos ,a expresión de sentimentos e o respecto polas producción alleas son o eixe.

Con Van Gogh chega a representación da ledicia cos seus cadros, xa que para él o amarelo era un emblema de felicidade, contrastando os xirasois cortados sen xarrón ou marchitos e os que teñen xarrón e a cor amarela viva e dourada , paisaxes e mesmo a súa propia habitación ainda que fose unha persoa atormentada, mostramos aos nenos e nenas a forza da perseverancia e constancia. A pesares de que foi un neno moi sensible  tivo unha relación fabulosa co seu irmán, con quen escribía cartas a diario cunha vida interior atormentada e a epilepsia.

Achegamonos tamén a “Noite estrelada” con tons azuis que evoca confusión na primeira ollada e que ten unha grande carga emocional.

Emocion-Arte_03  - Foro de Arte, Cultura e Educación - Pontevedra

Imaxe: Obradoiro entre iguais, técnica mixta, collage e témpera. Na parte de enriba traballo cooperativo en equipo.

Da personalidade atormentada de Van Gogh pasamos a un amigo de Picasso, Henri Rousseau e as suas paisaxes frondosas con mil matices verdes e a tranquilidade das suas pinturas naíf e representante do posimpresionismo, sen uso das perspectivas nin proporcións.

Emocion-Arte_04 - Foro de Arte, Cultura e Educación - Pontevedra

Grabado

E finalmente non podía faltar unha pintora que manexe o vermello constantemente na sua obra, Marianne Von Werefkin, como representante do expresionismo, unha muller que despois de ter un accidente de caza que lle lesionou a man dereita voltou a pintura con máis forza, tenacidade e carraxe aprendeu a pintar con unha soa man.

Ao mesmo tempo froito do interés dos nenos e nenas xurdía un microproxecto paralelo, que foi coñecer a cidade de Paris xa que a maoiría dos artistas tiñan contacto con esta cidade. Asi visualizamos os principais monumentos e aproveitamos para desenvolver estructuras diferentes con materiais tridimensionais.

As actividades tipo foron:

  • Presentación de varios cadros do artista e dialogo libre sobre o que ven, sinten, e creen que quixo representar o pintor.
  • Lectura de libros sobre o cadro ou artista, visionado de obras do artista vía dixital e con material manipulativo.
  • Realización de un traballo plástico con materiais libres e distintas técnicas na que tentan representar esa emoción, esa actividade se realiza en traballo cooperativo de equipo e individualmente.
  • Asemblea para presentar as súas produccións e relacionalas coas emocións que tentaron expresar.
  • Intercambio de cartas con envio de producción e propostas artísticas de unha escola á outra: videoconferencias, correo ordinario, chamadas telefónicas, etc.
  • Producción de vídeos sobre os artistas.
  • Versión do conto do “Monstruo das Cores”, texto dos nenos e nenas e producción artística de Pepe Cáccamo.
  • Diferencia entre bodegóns, retratos e autorretratos, paisaxes, etc.
  • Visitas ao museo.
  • Creación con distintas técnicas en situación dirixidas e libres: collage, grabado, técnicas mixtas, estampados, esgrafiado, técnicas de café, etc
  • E uso de distintos soportes e materiais: gomaeva, cartón, plastilina, arcila, rotuladores, témperas , pintura de dedos, xiz, pigmentos naturais, etc.
  • Adaptación do espacio exterior , o patio, que pasou a chamarse PATUREZA para os nenos e nenas de Pousada, habilitando un recuncho para a creación libre con todo tipo de materiais dando prioridade aos elementos da natureza.
Emocion-Arte_05 - Foro de Arte, Cultura e Educación - Pontevedra

Imaxe: Espacio artístico exterior sendo a base un encerado sobre o que fan producción con cunchas, follas, troncos, pau, restos da palmeira, pedras naturais ou pintadas, etc.

Palabras clave:

  • Aprendizaje cooperativo.
  • Emoción-arte.
  • Aprendizaje entre iguais.
  • Intercentros
  • Espacios de arte
  • Integración
  • Escola inclusiva

Referencias:

Máis información http://pousadaescola.blogspot.com.es/

Envíanos a túa comunicación

As comunicacións enviaranse por correo electrónico á coordinación do Foro de Arte, Cultura e Educación: info@foroace.com

O prazo de envío de comunicacións remata o 25 de abril de 2016.

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*